Noticias de Olladas Centro Óptico en Pontevedra

Alonga a vida dos teus audífonos.

Publicado: 10 de decembro de 2024, 18:00
  1. Novas.
Alonga a vida dos teus audífonos.

Hoxe dámosche 5 consellos moi sencillos para coidar os teus audífonos e evitar futuros problemas e reparacións.

Evita as fontes directas de calor e os lugares húmidos. É decir, non deixes os audífonos no baño nin preto de estufas ou chemineas, por exemplo.

Utiliza deshumidificadores específicos ou pastillas deshumidificadoras para protexer a electrónica do audífono.

Evita o uso de productos químicos mentres leves postos os audífonos. Isto inclúe lacas, perfumes ou protectores solares. Algúns productos químicos son moi corrosivos e, ao longo, poden chegar a danalos.

Nos audífonos de pila, abre o portapilas cando non os utilices para evitar o consumo da carga.

E, por último, o máis importante de todo. Límpaos axeitadamente e a diario, desta forma estaremos alongando a súa vida útil.

Xa vedes que son cousiñas súper fáciles e simples pero que, ás veces, olvídansenos.

Vinde ao noso centro en Pontevedra para a vosa revisión axudarémosvos a atopa-la mellor solución aos vosos problemas visuais e auditivos.

Noticias relacionadas

Como evitar que aumente a miopía do meu fillo? 8 Abr

Como evitar que aumente a miopía do meu fillo?

08/04/2025 Novas.
Actualmente, existen diversos métodos que permiten ralentizar o avance da miopía e así evitar que os máis pequenos alcancen graduacións de valores altos no futuro.  As lentes de contacto blandas e os cristales de desenfoque periférico son os métodos máis demandados e utilizados pola súa comodidade
Mellora os síntomas da alerxia. 24 Mar

Mellora os síntomas da alerxia.

24/03/2025 Novas.
Chega esa época do ano na que moitos de vos vindes ao noso centro cos ollos irritados e chorosos por mor da alerxia. Pois ben, hoxe traemos uns tips sencilliños para ayudarvos a sobrelevalo da mellor forma posible. En primeiro lugar, utiliza sempre gafas. Xa sexan de sol ou graduadas, as gafas
Beneficios de utilizar audífonos. 11 Mar

Beneficios de utilizar audífonos.

11/03/2025 Novas.
Non é só oir ben. Se hai algo que provoca rexeitamento a todo o mundo, iso son os audífonos. Por desgraza, estas axudas á audición están tan asociadas á vellez que causan rexeitamento na maior parte das persoas, impedindo que moitas delas poidan beneficiarse das súas cualidades. Utilizar
Síntomas de que precisas unha revisión visual. 25 Feb

Síntomas de que precisas unha revisión visual.

25/02/2025 Novas.
Aínda que ver mal é o síntoma principal cando necesitamos unha revisión visual, hai outros moitos signos característicos de que xa é hora de pasar polo noso gabinete.  Dores de cabeza de cotío, visión fluctuante, picor, ollo vermello ou dificultade de enfoque son algúns dos síntomas máis comúns

Financiado pola Unión Europea - NextGenerationEU. Así e todo, os puntos de vista e as opinións expresadas son únicamente os do autor ou autores e non reflicten necesariamente os da Unión Europea ou a Comisión Europea. Nin a Unión Europea nin a Comisión Europea poden ser consideradas responsables das mesmas.