A ambliopía ou “ollo preguiceiro” pode dar certas pistas ou sinais de alarma que nos axudan a identificar un posible problema visual nos máis pequenos. Os máis comúns son os que mencionamos a continuación:
- Desviación ou chiscadela de ollo.
- Fregar os ollos.
- Dores de cabeza tras esforzos en visión próxima.
- Baixa comprensión lectora.
- Mala coordinación ollo-man.
- Achegarse demasiado cando se realizan tarefas en visión próxima.
Se notas algún destes detalles nos teus fillos, sobriños, estudantes, etc. Fai unha revisión visual con eles.