O aumento da porcentaxe de nenos miopes é cada vez maior e, polo tanto, é importante estar atentos e tratar de frear a súa progresión cos últimos métodos de "Control da Miopía".
Estes métodos inclúen lentes de contacto brandas, lentes de ortoqueratoloxía ríxidas e lentes oftálmicas específicas para o control da miopía (gafas).
Á hora de elixir, hai que ter en conta os hábitos e preferencias do neno/a, garantindo así que estará cómodo con el e que fará uso diario del.
Busca máis información na nosa web ou pide cita para unha revisión visual completa no noso centro de Pontevedra.