O tabaquismo é un dos hábitos máis prexudiciais para o noso organismo, os axentes tóxicos que contén o tabaco poden provocar, entre outros problemas:
- ACELERACIÓN DA DEXENERACIÓN MACULAR ASOCIADA Á IDADE (DMRE): o tabaquismo multiplica o risco de padecer esta enfermidade, algo que está relacionado co estrés exidativo.
- DANOS NO NERVIO ÓPTICO: é o que se coñece como ambliopía tabaco-alcol, que provoca perda da agudeza visual.
- RETINOPATÍA DIABÉTICA: as persoas con diabetes que tamén fuman teñen máis probabilidades de padecer esta patoloxía.
- CATARACTAS: este problema é un 40% máis común entre os fumadores porque os axentes tóxicos provocan a perda de transparencia do cristalino.
- OLLO SECO: o fume do tabaco provoca esta alteración, incluso en fumadores pasivos.