Noticias de Olladas Centro Óptico en Pontevedra

Embarazo e visión.

Publicado: 28 de febreiro de 2023, 18:00
  1. Novas.
Embarazo e visión.

Sabías que, durante o embarazo, poden ocorrer diversos trastornos visuais?

Isto débese a que, durante o período de xestación, o corpo sofre unha serie de cambios hormonais que, xunto coa retención de líquidos asociada, poden provocar cambios nas estruturas oculares e, polo tanto, cambios no estado refractivo do ollo.

Ademais, as mulleres embarazadas que antes eran diabéticas teñen máis probabilidades de desenvolver retinopatía diabética durante o embarazo, polo que se recomenda que realicen un exame visual (incluído o fondo de oído) en cada trimestre do período de xestación.

A pesar destas alteracións refractivas, non é recomendable cambiar a prescrición ata o final do período de lactación, pero durante o embarazo debe realizarse polo menos unha revisión visual completa se non existen patoloxías visuais e/ou problemas previos.

Se vives en Pontevedra ou arredores, podes acudir á túa revisión solicitando cita na nosa web ou no 639929517.

Noticias relacionadas

Como evitar que aumente a miopía do meu fillo? 8 Abr

Como evitar que aumente a miopía do meu fillo?

08/04/2025 Novas.
Actualmente, existen diversos métodos que permiten ralentizar o avance da miopía e así evitar que os máis pequenos alcancen graduacións de valores altos no futuro.  As lentes de contacto blandas e os cristales de desenfoque periférico son os métodos máis demandados e utilizados pola súa comodidade
Mellora os síntomas da alerxia. 24 Mar

Mellora os síntomas da alerxia.

24/03/2025 Novas.
Chega esa época do ano na que moitos de vos vindes ao noso centro cos ollos irritados e chorosos por mor da alerxia. Pois ben, hoxe traemos uns tips sencilliños para ayudarvos a sobrelevalo da mellor forma posible. En primeiro lugar, utiliza sempre gafas. Xa sexan de sol ou graduadas, as gafas
Beneficios de utilizar audífonos. 11 Mar

Beneficios de utilizar audífonos.

11/03/2025 Novas.
Non é só oir ben. Se hai algo que provoca rexeitamento a todo o mundo, iso son os audífonos. Por desgraza, estas axudas á audición están tan asociadas á vellez que causan rexeitamento na maior parte das persoas, impedindo que moitas delas poidan beneficiarse das súas cualidades. Utilizar
Síntomas de que precisas unha revisión visual. 25 Feb

Síntomas de que precisas unha revisión visual.

25/02/2025 Novas.
Aínda que ver mal é o síntoma principal cando necesitamos unha revisión visual, hai outros moitos signos característicos de que xa é hora de pasar polo noso gabinete.  Dores de cabeza de cotío, visión fluctuante, picor, ollo vermello ou dificultade de enfoque son algúns dos síntomas máis comúns

Financiado pola Unión Europea - NextGenerationEU. Así e todo, os puntos de vista e as opinións expresadas son únicamente os do autor ou autores e non reflicten necesariamente os da Unión Europea ou a Comisión Europea. Nin a Unión Europea nin a Comisión Europea poden ser consideradas responsables das mesmas.