O astigmatismo é o erro de refracción que se produce cando as estruturas oculares non son completamente esféricas. Pode ocorrer só ou acompañado de miopía ou hipermetropía.
A forma irregular do globo ocular fai que, ao entrar a luz no ollo, non se centren todos nun mesmo punto senón que xeren 2 focos da mesma imaxe, dando lugar a unha imaxe borrosa e unha lixeira visión dobre ou sombras.
Moitas veces, os astigmatismos leves non provocan síntomas e poden non necesitar corrección, non obstante, hai persoas que poden experimentar grandes molestias como mareos ou dores de cabeza.
Esta afección afecta á visión a todas as distancias e é moi importante manter o control do estado refractivo nestes pacientes xa que, especialmente os astigmatismos elevados ou que seguen en aumento, poden ser signos de patoloxías corneales e ectasias.
O astigmatismo corríxese con lentes tóricas.