A ortoqueratoloxía ou “OrtoK” é a técnica que nos permite corrixir o erro refractivo durante as horas de durmir e así deixar de depender de lentes e lentes de contacto durante o día.
Isto conséguese grazas ao uso de lentes de contacto de uso nocturno que, coa axuda da presión que exerce a pálpebra durante a noite, conforman a córnea ata corrixir a prescrición total.
É unha técnica segura, reversible e non invasiva recomendada como alternativa á cirurxía ocular.
Ademais, a ortoqueratoloxía está aprobada como un dos métodos de control da miopía máis eficaces ata a data.