Debido ao uso constante actual de máscaras, houbo un aumento dos problemas de ollo seco na poboación. Isto débese ás seguintes causas:
1. O aire de exhalación diríxese cara arriba, sae pola parte superior da máscara e pasa pola superficie do ollo.
2. O movemento do aire sobre o ollo fai que a bágoa se evapore, secando a superficie do ollo.
3. Os ollos poden sentirse secos, arenosos, irritados, con comezón, acuosos e/ou vermellos.
Se notas algunha destas molestias, acude ao teu óptico-optometrista para recomendarte a mellor solución.