Noticias de Olladas Centro Óptico en Pontevedra

Protexe os teus ollos do frío.

Publicado: 18 de febreiro de 2025, 18:00
  1. Novas.
Protexe os teus ollos do frío.

O frío destos días notouse e sodes bastantes os que acudíchedes a nós con molestias oculares, por iso, queremos deixaros uns conselliños para que coidedes a vosa saúde visual nesta época.

Un dos síntomas máis habituais en inverno é o aumento da sequedade ocular, producida, principalmente, pola evaporación da lágrima a consecuencia do vento e da calefacción. Para evitalo, podemos poñer gafas (de sol ou graduadas) que protexan os ollos do vento e utilizar lágrima artificial para rexenerar a lágrima natural.

Esta sequedade adoita producir picor e escozor ocular, mais debemos evitar rascarnos para non producir inflamación nas diferentes estructuras do ollo.

A alimentación rica en ácidos grasos e omega-3 mellora a calidade e cantidade da lágrima, mellorando tamén a sequedade ocular.

Por outra banda, se somos afeccionados aos deportes de inverno, debemos protexer os nosos ollos sempre con gafas de protección axeitada ás condicións climatolóxicas e homologadas para iso. Por exemplo, nos deportes de neve o filtro solar necesario para unha visión segura é o de categoría 4.

Se cumplindo estos consellos non notades melloría, pedide cita para unha revisión visual completa no noso centro de Pontevedra e axudaremosvos a atopar unha solución eficaz.

Noticias relacionadas

Por que non debes pedir as lentes de contacto por internet? 25 Abr

Por que non debes pedir as lentes de contacto por internet?

Fai 23 horas Novas.
Este sí que é un melonaco importante, pero é moi necesario abri-lo.  O tema das lentillas por internet é longo e complexo de explicar, mais imos tentar resumi-lo e ir ao importante.  O motivo principal polo que non debes mercar as lentillas por internet en páxinas de dudosa fiabilidade é a
Como evitar que aumente a miopía do meu fillo? 8 Abr

Como evitar que aumente a miopía do meu fillo?

08/04/2025 Novas.
Actualmente, existen diversos métodos que permiten ralentizar o avance da miopía e así evitar que os máis pequenos alcancen graduacións de valores altos no futuro.  As lentes de contacto blandas e os cristales de desenfoque periférico son os métodos máis demandados e utilizados pola súa comodidade
Mellora os síntomas da alerxia. 24 Mar

Mellora os síntomas da alerxia.

24/03/2025 Novas.
Chega esa época do ano na que moitos de vos vindes ao noso centro cos ollos irritados e chorosos por mor da alerxia. Pois ben, hoxe traemos uns tips sencilliños para ayudarvos a sobrelevalo da mellor forma posible. En primeiro lugar, utiliza sempre gafas. Xa sexan de sol ou graduadas, as gafas
Beneficios de utilizar audífonos. 11 Mar

Beneficios de utilizar audífonos.

11/03/2025 Novas.
Non é só oir ben. Se hai algo que provoca rexeitamento a todo o mundo, iso son os audífonos. Por desgraza, estas axudas á audición están tan asociadas á vellez que causan rexeitamento na maior parte das persoas, impedindo que moitas delas poidan beneficiarse das súas cualidades. Utilizar

Financiado pola Unión Europea - NextGenerationEU. Así e todo, os puntos de vista e as opinións expresadas son únicamente os do autor ou autores e non reflicten necesariamente os da Unión Europea ou a Comisión Europea. Nin a Unión Europea nin a Comisión Europea poden ser consideradas responsables das mesmas.