A optometría e a óptica oftálmica é unha profesión sanitaria non médica, libre e independente na atención primaria, e é a disciplina científico-sanitaria que estuda o complexo sistema visual para obter a máxima eficacia da visión. Intenta obter o máximo rendemento visual cun mínimo gasto enerxético.
Para conseguilo, a optometría utiliza varias áreas de coñecemento: anatomía, bioloxía, neuroloxía, farmacoloxía, patoloxía, fisioloxía, psicoloxía, ergonomía, física, química...
En consecuencia, o óptico-optometrista é un profesional da atención primaria que se ocupa do sistema visual funcionalmente inadecuado. é un profesional universitario formado na fisioloxía normal e anormal dos ollos, na psicofísica da visión, na percepción temperá e nas súas relacións coas actividades funcionais de aprendizaxe, traballo, medio ambiente e lecer.