Tamén coñecida como vista cansada, a presbicia é un defecto fisilóxico que comeza a manifestarse a partir dos 40 anos. Según os datos do convenio Ollo cos Ollos para a realización de exámenes visuais nos 647 establecementos de óptica de Galicia, actualmente un 45% dos galegos teñen presbicia, dos cales un 33% foron remitidos ó especialista no último ano por algunha alteración visual detectada na interconsulta que non se soluciona coas gafas e que posiblemente necesite un tratamento médico-quirúrxico.
O presidente Eiroa explicou que a presbicia é un estado refractico no que a capacidade de acomodación ou enfoque do ollo móstrase insuficiente para desempeñar calquer tipo de actividad na visión próxima." Co paso do tempo, o músculo ciliar e o cristalino perden a capacidade para aumentar a potencia refractiva do ollo o que dificulta ver ben de cerca" concretou.
O presidente señalou que os que comezan a manifestar síntomas de presbicia, deben acudir ó óptico-optometrista para que, tralas probas pertinentes, aconsellaralles sobre a corrección visual mais adecuada na función das súas necesidades, características e estilo de vida. Neste sentido, existen varios tratamentos para apresbicia, como as lentes monofocais, bifocais,trifocais e progresivas e as lentes de contacto.