PODO BAÑARME COAS MIÑAS LENTILLAS?
Non é recomendable bañarse coas lentes de contacto, posto que os nosos ollos irritaranse con mais facilidade. Debemos extremar estas precaucións cando nos bañamos en ríos, lagos, pantanos... donde existe muitos mais riscos de contaminación das augas polo seu estancamento. Para evitar riscos de perda e aumentar a seguridade, é conveniente usalas gafas de natación. Como outra opción, agora existen tamén gafas de natación graduadas que nos permiten prescindir das lentillas e bañarnos en calquera auga de forma segura.
QUÉ PRECAUCIÓNS DEBO TER Ó DUCHARME, COAS MIÑAS LENTES DE CONTACTO?
Non mirar directamente ó cabezal da ducha para evitar perder as lentes de contacto. Estar cos ollos pechados cando o auga pase pola cara co fin de evitar que o xabón se introduza nos ollos e escózannos. Está totalmente desaconsexado levar lentes de contacto cando estemos nunha sauna, debido a que nos pode provocar alteracións da saúde ocular.
PODO HUMEDECER AS LENTES DE CONTACTO CO AUGA DO GRIFO?
Nunca debemos aclarar as lentes de contacto co auga do grifo. Menos aínda coa nosa saliva, posto que ademais de deteriorar a lente, corremos o risco de crear importantes problemas para a nosa saúde ocular.