As lentes de contacto son unha excelente opción para a corrección dos defectos da visión.
Aptas para a miopía, hipermetropía, astigmatismo e presbicia (vista cansada), representan unha solución para ver ben que se adapta ás necesidades visuais e ó estilo da vida de cada usuario. Proporcionan boa visión, maior campo visual que as gafas e están especialmente indicadas na práctica dalguns deportes e actividades profesionais.